Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os ecos dunha rave clandestina en Ponte Caldelas chegan a sentirse en concellos veciños

Os ecos dunha rave clandestina en Ponte Caldelas chegan a sentirse en concellos veciños

A Televisión de Galicia accede a imaxes en exclusiva da rave, gravadas por participantes na festa tecno no alto do Monte da Fracha

A Garda Civil denunciou a varias persoas por consumo de drogas e a outra por levar unha navalla

G24.gal 09/09/2026 14:27

Chegaron o venres á tarde.

"Vimos moitos coches, furgóns camperizados, por aí arriba". "A maioría era xente de fóra, que non era de aquí".

Un Sirat á galega. Sen deserto e, por sorte, sen desgrazas. Unha convocatoria de música electrónica na canteira abandonada no alto do monte da Fracha. O que se chama unha rave.

"Que é eso? Eu son moi antiga". "Supostamente é un festival de música tecno, convocado por internet. Había caravanas e durou varios días e foi realmente"."Desta música de boom, boom".

Nun audio escóitase a música gravada a varios quilómetros de distancia.

"Unha música cunhas vibracións que parecía que estabas en vivo e en directo. Eu mandeille o audio á miña familia e díxenlle que estaba na Lúa".

O chunda-chunda disparou todo tipo de teorías por Vilaboa, Soutomaior, Arcade centro.

"Dixo o meu home: que é iso? E eu díxenlle que era a lavadora pero a lavadora seguiu funcionando ás doce da noite, ás catro da mañá, ás seis, ás dez da mañá seguía tocando a lavadora pero non era lavadora. Era música. Foi horrible".

O domingo á mañá, aínda co ruxir da música de fondo, despexouse o misterio.

"Entereime porque lle preguntei á chavalada e dixeron que era un festival que se estaba celebrando na canteira, en Ponte Caldelas e ensinaron os videos".

Non foi a primeira rave na canteira. De feito, advirten dun incremento destes festivais. A Garda Civil denunciou a varias persoas por consumo de drogas e a outra máis por levar unha navalla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos