Cargando resultados...
Buscan un veciño de Silleda de 64 anos desaparecido desde hai dous días
Segundo a descrición achegada, ten unha altura de 1,68 metros e vestía camisa azul celeste e pantalón escuro
Imaxe de José Ángel Reimondez Vázquez, veció de Silleda desaparecido
G24.gal
02/08/2026 19:08
O Concello de Silleda difundiu unha alerta pola desaparición de José Ángel Reimondez Vázquez, un veciño da Estrada de 64 anos que actualmente reside no municipio limítrofe de Silleda.
Foi visto por última vez nas últimas 48 horas, contados desde a mañá deste domingo, cando foi publicada a alerta.
Segundo a descrición achegada, ten unha altura de 1,68 metros e vestía camisa azul celeste e pantalón escuro no momento da súa desaparición.
O Concello pediu que calquera persoa que conte con algún tipo de información sobre o seu paradoiro contacte de inmediato coa Garda Civil (062) ou ao teléfono xeral de emerxencias (112).