Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan sen vida o octoxenario que desapareceu este sábado nunha urbanización de Teo

Atopan sen vida o octoxenario que desapareceu este sábado nunha urbanización de Teo

O home de 82 anos apareceu morto contra as catro da mañá no interior dun vehílculo estacionado nunha rúa de Calo

A vítima, que padecía alzheimer, foi atopada por voluntarios que participaron na busca

G24.gal 02/08/2026 12:06

Arredor das catro da madrugada deste domingo aparaceía sen vida o home de 82 anos que desapareceu este sábado nunha urbanización do concello coruñés de Teo. Atopárono as persoas voluntarias que participaron no operativo de busca e axiña llo comunicaron ao 112 Galicia.

Os axentes da Garda Civil que se achegaron ata o lugar corroboraron que a vítima estaba no interior dun coche estacionado en Rúa Cernadelo, Calo, Teo, e que estaba falecido. Segundo fontes dos axentes, o octoxenario padecía alzheimer e os primeiros indicios apuntan a que se desorientou.

O octexenario desaparecera na tarde do sábado na urbanización Campos de Mirabel, no mesmo concello coruñés.

Cando xa pasaban das catro da madrugada, as persoas que estiveran durante todo o día de onte axudando na busca do señor, atopárono sen vida no interior dun coche.

O sábado pola tarde, tra a desaparición do home axiña se articulou un dispositivo conformado pola Garda Civil e a Policía Local, e tamén por persoas voluntarias. Máis tarde, sumáronse os drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).

Tras un tempo de procura, os labores finalizaron cun resultado negativo, explica o 112 Galicia. Con todo, pasadas as 04.00 horas, foi achado polas persoas que o estiveron buscando durante todo o día nun coche estacionado na parroquia teense de Calo, segundo precisa a central de emerxencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade