Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa a busca da moza desaparecida en Lugo desde o 21 de xullo

Continúa a busca da moza desaparecida en Lugo desde o 21 de xullo

O operativo céntrase na contorna do Miño, onde o teléfono da rapaza deixou de emitir sinal 

G24.gal 27/07/2026 12:59

Axentes da Policía Nacional, da Policía Autonómica, familiares e voluntarios continúan este luns a busca de Carmen López, a moza de 24 anos desaparecida en Lugo desde o pasado 21 de xullo. 

Aínda que foi vista por última vez no barrio da Milagrosa, o operativo céntrase na contorna do río Miño, entre a pasarela peonil, a ponte romana e a Fábrica da Luz, o lugar onde o seu teléfono móbil deixou de emitir sinal. 

Nas tarefas de procura empréganse drons e este luns incorporarase a unidade acuáica da Policía Autonómica. Ao longo da semana tamén participarán guías caninos e, previsiblemente, axentes a cabalo para rastrexar a zona. 

A asociación SOS Desaparecidos difundiu un cartel para solicitar a colaboración cidadá Carmen López, veciña da parroquia de Tirimol, mide 1,65 metros, é de complexión delgada, ten os ollos azuis e o pelo castaño. A última vez que foi vista levaba posto o uniforme do hipermercado en que traballa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade