Venezuela segue buscando vítimas entre os cascallos un mes despois dos tremores
Hai máis de 40.000 desaparecidos e as necesidades nas localidades arrasadas polos tremores son acuciantes
Reconstruir o país, Venezuela, tras o dobre terremoto de hai un mes, custa moito. As cifras do desastre histótico, provisionais porque seguen aumentando, complican a recuperación. Máis de 5.500 persoas morreron, 50eran españolas. Pero o dato aumenta cada día, hai máis de corenta mil persoas aínda desaparecidas.
Máis de quince mil persoas resultaron feridas tras o dobre sismo de magnitude sete con dous e sete con cinco rexistrados na capital, Caracas e a uns trinta quilómetros, na costa, na Guaira. Case 20.000 cidadáns perderon as súas casas.
Era día festivo en Venezuela o 24 de xuño, cando se producía o maior episodio sísmico vivido en Venezuela nos últimos cen anos, desde entón, desde hai trinta e un días, rexistráronse máis de 1.500 réplicas. Os danos, os materiais, ascenden a mais de vinte mil millóns de dólares.