Atopan sen vida a José Manuel Baeza, o veciño de Culleredo desaparecido o pasado venres
O falecemento produciríase o pasado venres, coincidindo coa data da súa desaparición
As causas da morte están a ser investigadas polas autoridades competentes.
José Manuel Baeza Durán, veciño de Culleredo, foi atopado sen vida este luns. O home de 67 anos estaba desaparecido desde o pasado venres e padecía párkinson e acúfenos severos.
Tal e como confirmou a Garda Civil da Coruña, foi localizado ao redor das 20:10 horas da tarde do luns, na ría do Burgo, á altura do Hospital Materno Infantil. O achado produciuse despois de que o servizo aéreo da Garda Civil, que participaba nos labores de búsqueda, albiscase un corpo.
Segundo os primeiros resultados da autopsia, o falecemento produciríase o pasado venres, coincidindo coa data da súa desaparición. As causas da morte están a ser investigadas polas autoridades competentes.