Buscan no Miño un mozo que foi arrastrado pola corrente en Caminha
O desaparecido é un mozo portugués de 23 anos que es bañaba no Miño con outros dous amigos
O suceso produciuse ás 14:40 horas da tarde deste domingo e na súa busca colabora, coa Policía Martima Portuguesa, Gardacostas de Galicia co Helicóptero PESCA 1 e a Armada, Comandancia Naval Miño
Fatídico accidente a primeira hora desta tarde no río Miño. Un mozo de 23 anos foi arrastrado pola corrente cando se estaba a bañar no Miño á altura de Caminha. A vítima, de nacionalidade portuguesa, estaba a disfrutar do domingo con outros dous amigos, cando foi arrastrado as 14:40 horas.
Os amigo, ao percatarse do ocorrido, puxéronse en contacto cos servizos de emerxencias. Axiña comezaron as labores de busca nas beiras do río e tamén no cauce.
Na zona do accidente, que pertence ao treito internacional do Mio, axiña se despregou un amplo dispositivo de busca no que participa a Policía Marítima Portuguesa e no que tamén están colaborando a Armada española da Comandancia Naval Miño, e Gardacostas de Galicia co helicóptero PESCA 1.
O accidente produciuse en concreto na praia de Seixas, pertencente ao municipio portugués de Caminha.