O Viveiro dos Trollos xa é un espazo aberto para todos
Situado no concello de Bóveda, servía para as visitas dos escolares
O viveiro forestal dos Trollos, no concello lucense de Bóveda, é xa un espazo aberto a toda a cidadanía tras anos servindo como aula de natureza para os cativos. Agora, todos poden vir a gozar dunha ruta duns dous quilómetros con ducias de atractivos e arbores de todo tipo.
"Temos unha parcela para os pinos e outra para os carballos. Temos bastantes especies, aínda que non todas se empregan para viveiros. Temos tamén unhas figuras repartidas para poder velas na contorna natural", afirma Xosé Luis Sobrino, guía no viveiro.
Podemos facer as visitas por libre os sete días da semana ou guiadas ata o próximo 22 de outubro. Os que a fan, quedan impresionados
"Gústame todo, non ten nada malo. Impresionantes as figuras de madeira, a entrada, todo o percorrido. É moi bo", comenta un visitante
Unha ruta de dous quilómetros cheos de natureza para pasar unha xornada diferente ao cotián. E unha vez rematada a ruta polo viveiro, unha pequena visita ao museo. Todo para coñecer mellor a fauna e a natureza de Galicia