Publicador de contidos

Publicador de contidos

De paseo por plantas e árbores exóticas que habitan nos xardíns públicos galegos

De paseo por plantas e árbores exóticas que habitan nos xardíns públicos galegos

"Teñen moita presenza e amais hai exemplares moi desenvolvidos e con moito valor"

G24.gal 28/05/2026 21:05 Última actualización 28/05/2026 21:50

Pasear polos xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, permite observar gran variedade de especies vexetais exóticas. "Teñen moita presenza e amais hai exemplares moi desenvolvidos e con moito valor", afirma Nieves Díaz, técnica florista e xadrdineira especialista en especies exóticas. 

Das Antípodas procede tamén o metrosidero que conta na Coruña cun exemplar de máis de 200 anos.

En plena floración está este frondoso ombú, orinixario da pampa arxentina.

"Está máis preto de ser da familia das herbáceas que unha árbores en si. E polo seu gran tamaño e amplitude daba moita sombra tanto aos viaxeiros como ao gando e por iso tamén se lle chama bellasombra", explica.

Como especialista, Nieves pon en valor estes exemplares.

"Creo que todas as árbores teñen moito que contar. Case todos teñen curiosidades, case todos teñen aplicacións, mesmo folclore", engade. 

Paisaxe urbana que dá testemuño da historia. Como esta agrupación de cyatheas, un tipo de fieitos remanentes do Carbonífero, fai máis de 300 millóns de anos.

"A revolución industrial foi grazas a este tipo de fieitos posto que toda a madeira deles produciu o carbón que logo se utilizaría para queimar nesas máquinas", conclúe.

Con estas palabras que citan ao experto galego Jorge Lorenzo, do que foi alumna, Nieves convídanos a descubrir outros paseos botánicos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos