Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pintan sinais para alertar da velocidade na estrada de Galdo, en Viveiro

Pintan sinais para alertar da velocidade na estrada de Galdo, en Viveiro

A CP-6602 é estreita e non ten beiravías

A veciñanza pide redutores da velocidade na vía

Os veciños pintaron sinais na estrada para sensibilizar os condutores
G24.gal 21/07/2026 21:20 Última actualización 21/07/2026 21:38

A veciñanza de Galdo sofre a diario unha estrada estreita, sen beiravías e con moita circulación. Hai quen contou sesenta coches nunha hora polo que a diario, son centos.

Levan tempo demandando redutores de velocidade ás administracións. Como aínda non o conseguiron pintaron sinais de 40 quilómetros por hora e carteis nos que recordan que alí aínda viven humanos. Para desprazarse, os veciños non teñen máis alternativa que a vía pública e teñen medo que os leve por diante un coche.

A estrada CP-6602 é da Deputación de Lugo, que está pensando na adopción dalgunha medida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade