A DXT mantén a campaña de vixilancia da velocidade ata o 9 de agosto
O exceso de velocidade está detrás dun de cada catro accidentes mortais
Segundo os datos da DXT, o 60% dos condutores circula a máis velocidade da permitida
Un control de tráfico na estrada AC-544, no concello Negreira, forma parte da campaña especial de vixilancia da velocidade, que comezou o 3 de agosto.
"Estes controis adoitan ser curtos en tempo, porque coas redes sociais sábese todo. Fanse en estradas convencionais de velocidade xenérica. Búscanse treitos onde haxa concentración de accidentes", explica José Manuel Calvo, subtenente do Destacamento da Garda Civil de Tráfico en Santiago.
15 minutos despois de comezar o control, circulan por aquí máis de 100 coches, e ningún deles supera o límite permitido de 90 quilómetros por hora.
"Levamos uns 120 coches controlados, e de momento non hai ningún que caera. É un punto onde adotan caer a altas velocidades, pero de
As primerias multas por exceso de velociade prodúcense pouco despois.
"Cousas que pasan. Había un coche parado aí diante de nós, xiramos un pouco para adiantalo...e ala!", di un condutor multado.
"Viña cunha pouca presa e colléronme a 106 km/h nun treito de 90 km/h. Teño que pagar 50 euros", di outro condutor.
Cada ano, arredor de 300 percoas falecen en sinistros nos que se circula a máis velocidade da pemitida.
"O ano pasado foron un 22 %. Segue sendo moito", asegura José Manuel Calvo, subtenente do Destacamento da Garda Civil de Tráfico en Santiago
Segundo os datos da DXT, o 60% dos condutores circula a máis velocidade da permitida. Os cotrois desta campaña especial van continuar ata este domingo.