Publicador de contidos

Publicador de contidos

A calor atrasa a colleita da pataca en Coristanco

A calor atrasa a colleita da pataca en Coristanco

 O tubérculo non pode apañarse con temperaturas altas e calculan que o 20 % da produción aínda está na terra

G24.gal 23/09/2026 14:17

En Coristanco chámanlle cachear a levantar un pé de pataca e mirar como vai a maduración e o crecemento do tubérculo. Algunhas plantacións aínda poden agardar na terra pero outras están xa maduras e é o calor o que mantén os agricultores parados, ou noutros labores, porque a pataca non se pode coller con temperaturas tan altas coma as desta semana. 

"Cando hai máis de 27 ou 28 graos e se collen con ese calor, no almacén tardan en baixar a temperaturae poden pudrir", explica Juan Ramón Sanjurjo.

O 80% da produción deste ano xa está almacenada, alguna lista para saír ao mercado. Pero tamén no almacenamento importa a temperatura.

A seca deste verán deixa en Coristanco unha mingua na produción entre un 15 e un 20 %. Os produtores están a falar con investigadores das universidades de Vigo e A Coruña para ver como afrontar o seu labor cun clima cada ano máis caloroso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade