Publicador de contidos

Publicador de contidos

Paradas de produción no sector siderúrxico para sortear a suba da electricidade

Paradas de produción no sector siderúrxico para sortear a suba da electricidade

Siderúrxicas coma Megasa xa están facendo paradas de produción nas horas coa luz máis cara 

A patronal calcula que o sobrecusto só este ano superara os 650 millóns de euros 

A Asociación de Empresas con Gran Consumo de Energía advirte que, de seguir así, en 2027 a situación será insostible

Megasa é unha das empresas que xa está a facer paradas de produción
G24.gal 23/09/2026 13:56

Alarma no sector industrial. A siderurxia española afógase polos custos da enerxía. As fábricas xa paran temporalmente nas horas máis caras do día.  É o caso de Megasa, en Narón. 

O sector calcula que afrontará un sobrecusto de 658 millóns en 2026, concentrado sobre todo no último trimestre do ano polo encarecemento da luz e o gas . 

Para evitar o colapso, esixen ao Goberno un plan de choque urxente

Elevar as axudas ao CO2 a 1.000 millóns, blindar a rebaixa do 80 por cento nas peaxes, abaratar os chamados servizos de axuste e, sobre todo, limitar por lei o impacto do prezo do gas no mercado eléctrico. 

A resposta do Goberno foi de man tendida, pero sen solucións á vista  O Executivo di entender a gravidade da situación, pero recoñece que ten un problema de orzamento. Comprométese a buscar fórmulas compatibles coa lexislación europea 

Sen medidas inmediatas, a unión de empresas siderúrxicas advirte que periga a competitividade dun sector estratéxico que sostén 2 millóns e medio de empregos industriais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade