Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha anciá de 87 anos é desafiuzada en Madrid entre protestas multitudinarias e cargas policiais

Unha anciá de 87 anos é desafiuzada en Madrid entre protestas multitudinarias e cargas policiais

Maricarmen abandonou en padiola a casa en que viviu os últimos 70 anos

Arredor dun cento de persoas tentaron impedir o lanzamento apostándose ás portas do inmoble

O Sindicato de Inquilinas denuncia que a policía empregou gas pementa para desaloxalos

 

 

EFE/ Fernando Villar EFE/ Fernando Villar
G24.gal 23/09/2026 13:15

Executado en Madrid o desafiuzamento dunha anciá de 87 anos do domicilio no que viviu os últimos 70 anos. Contra as 13:00 horas Mariacarmen abandonou en padiola o seu fogar entre os berros de ducias de persoas que acudiron ata o seu portal para tentar impedir a execución do alzamento.

A Policía Nacional desaloxou un a un a todos os activistas do Sindicato de Inquilinas de Madrid, que denuncian que os axentes empregaron material antidisturbios para dispersalos, entre eles, gas pementa.

A avogada da afectada explica que o fondo voitre propietario da vivenda non aceptou nin a anulación nin o aprazamento do desaloxo da anciá, que tivo que ser evacuada en ambulancia por efectivos sanitarios do Samur.

A Comunidade de Madrid asegura que lle ofreceu unha praza nunha residencia 

O desaloxo de Maricarmen provocou a indignación do Goberno central. A ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, acusa a presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, de poñer unha "alfombra vermella" a especuladores e fondos voitre, que "campan ás súas anchas" pola rexión.

A titular de Infancia e Xuventude, Sira Rego, sostén que o desafiuzamento "pode que sexa legal, pero non lexítimo".

O portavoz do Goberno autonómico, Miguel Ángel García Martín, afirma que tanto a rexión como o Concello de Madrid "traballaron de xeito conxunto para poder axudar a esta muller". Segundo explicou, a Comunidade "ofreceulle en dúas ocasións unha praza pública de residencia" .

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade