Imos cunha patrulla da Policía Nacional nunha noite de incidencia en Santiago
Consumo de drogas, furtos e posibles casos de violencia de xénero, o máis habitual
Manter o equilibrio entre a empatía e a avaliación dos riscos de cada situación é vital para os axentes
A capital de Galicia é tranquila con respecto a outras cidades grandes con maior índice de criminalidade
Acompañamos unha patrulla da Policía Nacional vixiando as rúas de Santiago cando cae a noite. Unha das chamadas que reciben nesta noite de servizo é da cidadanía alertando dunha lea de parella, como proba da concienciación sobre a violencia de xénero.
A Policía Nacional nunha noite de servizo en Santiago
Outro aviso da cidadanía alertou da presenza dunha persoa saltando o valo dun parque infantil pechado durante a noite. Ao final non pasou nada, unha violación de morada pública pero sen maiores riscos.
A Policía Nacional nunha noite de servizo en Santiago
Detectaron consumo de estupefacientes, prohibido na vía pública, en varios puntos da cidade. A experiencia dos axentes no tocante ao comportamento é imprescindible.
A rapidez na actuación policial é determinante para coller os delicuentes coas mans na allada, pero a observación tamén é decisiva, porque eles adestran este tipo de facultades na rúa, a maioría xa leva entre 10 e 15 anos de experiencia e coñecen á perfección os patróns e rutinas da xente.
A Policía Nacional sae de servizo en Santiago
Manter o equilibrio entre a empatía e a avaliación dos riscos é vital pero comprobamos que a nosa colaboración cidadá ten moito peso para poñelos en alerta.