Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo fornecerá a Baiona de auga dende o encoro de Eiras a partir do luns

Vigo fornecerá a Baiona de auga dende o encoro de Eiras a partir do luns

Zamáns funcionará ao 100% da súa capacidade para abastecer "en exclusiva" a Nigrán e Baiona

O encoro de Eiras. EUROPA PRESS/Adrián Irago O encoro de Eiras. EUROPA PRESS/Adrián Irago
G24.gal 05/09/2026 17:02 Última actualización 05/09/2026 19:03

concello de Vigo vai proporcionarlle auga á poboación de Baiona a partir do luns pero arremete contra a Xunta pola súa "inacción absoluta" neste asunto.

Abel Caballero comprometérase hai dúa semanas a colaborar tras manter unha xuntanza co rexedor do municipio do Val MIñor, Jesús Vázquez Almuíña.

O consistorio fará o envío dende o encoro de Eiras que, segundo remarca, hoxe por hoxe "atravesa tamén unha situación delicada".

A auga trasfegarase a Zamáns que, a partir de entón, funcionará ao 100% da súa capacidade (76 litros por segundo) para atender "en exclusiva" a subministración de Nigrán e Baiona.

Segundo lembra o concello, Vigo xa abasteceu esta vila en 2011 durante case tres meses e en marzo de 2019 por unha avaría. O ano pasado Caballero tamén ofreceu a súa axuda pero non foi necesaria pola chegada de precipitacións.

O ente local asegura que o nivel de Eiras é "o máis baixo da súa historia", polo que insiste na petición de construír unha nova presa no Oitavén, o que nas últimas semanas provocou un cruzamento de acusacións con Ángeles Vázquez.

"É necesaria unha nova présa augas arriba de Oitavén que permita aumentar a capacidade de reserva e garantir a subministración tanto á cidade coma aos municipios que dependen directa ou indirectamente desta infraestrutura. Vigo arranxando o problema de Baiona e a Xunta na praia", conclúe nun comunicado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade