Rouban en dous negocios da zona vella de Santiago na mesma noite
Entraron nunha xeadería na praza do Toural rebentando a porta coa tapa dun sumidoiro e nunha tenda de fotografía da rúa do Vilar
Na xeadería levaron unha cámara de fotos e cartos e na tenda de fotografía, unha cámara de estudio e o cambio da caixa rexistradora
O ladrón da xeadería foi identificado e detido ás poucas horas pola Policía Nacional
O primeiro dos roubos tivo como escenario esta xeadería situada na praza do Toural. Un operario do servizo de limpeza viu os estragos e alertou ás forzas de seguridade. Cámaras de vixilancia da zona captaron cómo un individuo intentou forzar a porta. Non o logrou e volveu despois coa tapa dun sumidoiro e rebentou o cristal. Do interior levou unha cámara de fotos e os cartos que había na caixa rexistradora. A gravación permitiu identificar o ladrón, que foi detido horas despois pola Policia Nacional.
Arredor das 2 da mañá e a poucos metros, na rúa do Vilar, outro establecemento foi obxeto dun roubo semellante. A propietaria do negocio, Pilar, que segue rexentando esta mítica tenda de fotografía aos seus 90 anos, decatouse do roubo cando abríu pola maña. Ainda impactada polo sucedido non foi quen de contárnolo e seu fillo relatounos como o viviu.
Francisco Xabier Iglesias asegura que sua nai se decatou do roubo cando abríu onte pola mañá a tenda e viu as luces acesas. Non se percatara de que rebentaran o cristal da porta. Pero ao entrar xa detectou os estragos e foi buscar axuda nos negocios lindeiros que aletaron a Policía.
O individuo levou unha cámara do estudio valorada en 2.000 euros. A segunda que lles rouban este verán. Tamén subtraeu cartos e na fuxida caéronlle dous billetes de 5 e 100 euros. O peor, di Francisco Xabier, os estragos que causou.
Outro dano colateral, é o medo que colleu Pilar, ainda que hoxe foi quen de poñerse á fronte do negocio de novo. A Policía Nacional investiga este roubo.