Un ladrón entra roubar en Cangas por unha pequena xanela demostrando moita axilidade
Asaltaron un negocio de estética e levaron os cartos da máquina rexistradora
Foi un asalto curioso, non pola contía do botín nin polos estragos causados, senón polo lugar polo que o ladrón accedeu ao establecemento
O asaltante empregou unha pequena xanela pola que parece complicado que entre unha persoa
A axilidade do ladrón sorprendeu os responsables do negocio e tamén os veciños cando souberon por onde entrara: unha xanela pequena, que dá ao cuarto de baño dun centro de estética. Viuno entrar unha testemuña, e os obxectos tirados dan a entender que gabeou polos estantes para saír polo mesmo lugar. Á vista das dimensións da fiestra semella que non se trata dunha persoa corpulenta e si moi áxil.
Dentro, apenas causou danos. Levou as moedas que había na caixa, sobre uns 100 euros, e forzou a pequena fiestra, que non abre completamente, para poder entrar. Axentes da Unidade Científica da Garda Civil xa analizaron o lugar e tomaron as pegadas que deixou o asaltante.
Hai xa uns anos que en Cangas un ladrón se fixera famoso por acceder aos locais por lugares difíciles, chamábanlle Spiderman. Aqueles asaltos remataran cando entrou no cárcere. Agora a Garda Civil trata de identificar e localizar o autor deste último asalto.