Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tráfico elimina a contradición do ámbar intermitente: adeus aos semáforos abertos para coches e peóns

Tráfico elimina a contradición do ámbar intermitente: adeus aos semáforos abertos para coches e peóns

A propia DXT apuntaba hai uns anos que España é o único país do mundo en que se mantén esta fórmula

Máis cambios: os motoristas non poderán levar sandalias e nos patinetes será obrigatorio usar casco

G24.gal 03/09/2026 14:54

Verde, podemos pasar..., pero con coidado. España é, segundo apuntaba hai uns anos a propia Dirección Xeral de Tráfico, o único país do mundo no que se mantén un xogo de semáforos contraditorio. En moitas cidades e vilas existen aínda hoxe sinais nos que coinciden, ao mesmo tempo, unha luz ámbar intermitente para os vehículos coa luz verde para os peóns.

Os encontróns son diarios: os automóbiles cren que poden pasar pero a miúdo atópanse con xente que está cruzando a vía. Os sustos repítense a pé e ao volante. Agora, Tráfico vai eliminar ese problema. Entre os cambios que entrarán en vigor o 1 de outubro está que, "como norma xeral" non poderán coincidir os dous avisos.

"Hai algún coche que non paran, non teñen en conta que o semáforo lles permite aos peóns pasar", asegura unha camiñante no centro de Vigo.

"É e un pouco estraño pero non me parece tampouco moi grave. Tes que saber moverte pola cidade tamén", comenta unha moza na mesma zona.

A fase de ámbar intermitente estaba pensada para darlle fluidez ao tráfico en zonas céntricas ou en puntos nos que non sempre pasan moitos peóns. A norma di que os vehículos poden pasar pero sabendo que deberán cederlle o paso aos que van a pé. O problema é que moitas veces se esquece ese matiz ou hai quen non o ten demasiado claro.

"Ao final levas o susto tanto os peóns como os condutores", sinala un taxista que agarda nunha parada en Vigo.

"Eu como condutor preferiría que se puxese en vermello, aumentaría a seguridade", di outro condutor.

Os cambios no regulamento de Tráfico tamén traen noticias para outros usuarios da vía. Os motoristas xa non poderán levar nunca chanquetas ou sandalias senón que terán que usar sempre calzado pechado, dentro e fóra das poboacións. E cando circulen en vías interurbanas tamén terán que pór luvas.

E hai novidades para os usuarios de patinetes: terán que empregar sempre casco e, ademais, un chaleco reflector de noite ou en situacións de baixa visibilidade. E a idade mínima para conducir un destes vehículos de mobilidade persoal queda establecida nos quince anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade