Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanxenxo cociña a tortilla máis grande do mundo e reparte 10.000 racións

Sanxenxo cociña a tortilla máis grande do mundo e reparte 10.000 racións

O diñeiro recadado coas vendas destínase a fins benéficos

G24.gal 05/09/2026 18:20

Sanxenxo cociñou este sábado a tortilla máis grande do mundo. A empresa O Ovo da Avoa utilizou 17.000 ovos, 1.700 quilos de patacas, 300 quilos de cebola, 300 litros de aceite e 30 quilos de sal para preparala. 

Segundo o concello, milleiros de persoas achegáronse ata a praza do Mar para presenciar o proceso de elaboración sobre unha tixola de seis metros de diámetro.

Tamén foi necesario un guindastre de 75 toneladas e a participación de 72 persoas. Unha vez rematado o prato, ás 14:15 horas, comezou a repartición das 10.000 racións (con e sen cebola) a un prezo de tres euros cada unha.

O diñeiro recadado coas vendas destínase a fins benéficos. Este reto gastronómico está enmarcado nas actividades vinculadas á Feira da Cebola e á celebracións de Santa Rosalía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade