A carne de vaca vella gaña terreo nos restaurantes galegos
A vaca vella ten máis proteína e máis graxa
Os restaurantes galegos están a notar un cambio nos gustos do consumidor. Antes, todo o mundo buscaba a tenreira, pero agora son moitos os que veñen preguntando pola carne de vaca vella. Todo vén do mesmo animal, pero a primeira diferenza vén no tempo da crianza.
"Unha tenreira galega ten que ser sacrificada antes dos doce meses, e unha vaca, aos tres anos e despois dun tempo de xestación", afirma Héctor López, responsable do Restaurante España.
E por suposto, a diferenza principal vémola no sabor.
"A tenreira ten un sabor moito máis suave, é mais tenra. Pola contra, a vaca ten un sabor moito máis intenso e potente. A textura e tamén máis firme. Non teñen nada que ver", comenta tamén Héctor López, do Restaurante España.
Cada un ten os seus gustos, pero o certo e que tamén podemos escoller polas características nutricionais de cada peza.
"Ten máis proteína por cada 100 gramos a vaca vella pero tamén ten máis materia graxa. A tenreira soe ter menos graxa, pero depende moito tamén do corte", afirma o nutricionista Ricardo Estévez.
Sexa tenreira ou vaca vella, o mellor e consumilas con responsabilidade e sempre produto galego. Os expertos recomendan non superar as dúas racións por semana.