Un tren con saída ás 16:20 destino Madrid queda parado na estación de Santiago
Ao non saír á hora, algúns pasaxeiros xa perderon as súas conexións con outros destinos
Unha incidencia técnica fixo que un Avlo con saída ás 16:26, dirección Madrid, quedara parado pouco antes da estación de tren de Santiago de Compostela, segundo contan os pasaxeiros.
O tren continou o seu camiño uns metros, subiron e baixarons algúns pasaxeiros, máis non volveu moverse da estación.
Trátase do Avlo 04334, que cobre o roteiro A Coruña-Madrid. Este realizou o percorrido ata Santiago, desde onde tiña prevista a súa saída ás 16.26 horas. Con todo, unha incidencia técnica imposibilitou que abandonase a cidade, segundo informaron fontes de Renfe consultadas.
O tren, que permanece estacionado nas vías da estación, tivo que ser finalmente suprimido. Por iso, os seus pasaxeiros foron trasladados a outro convoi, que partiu da capital galega ao redor das 18.50 horas.
Ao non saír á hora, algúns pasaxeiros xa perderon as súas conexións con outros destinos.