Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe move ficha en Galicia, cun reforzo do Eixo Atlántico

Renfe move ficha en Galicia, cun reforzo do Eixo Atlántico

Reforza con mil prazas extra a conexión con Galicia esta ponte festiva

Desde o martes pon en marcha o que bautizou como "Plan Galicia", un reforzo do Eixo Atlántico con máis prazas e novos servizos

Moito movemento nas estacións de tren galegas este venres
G24.gal 09/10/2026 14:19

Plataformas cheas de maletas e ganas de descansar. Turistas e non turistas mesturáronse esta mañá nas estacións do ferrocarril. Uns cos recordos frescos, outros coa ilusión do que queda por ver. Todos tiveron a súa disposición esta ponte máis de mil prazas de reforzo cara a Madrid en Renfe. 

Os trens saían ateigados pero ninguén quedou en terra. Había asentos pero, iso si, houbo que collelos con tempo. E pagar un pouco máis.

O reforzo desta ponte é a antesala para a transformación da semana que vén. O martes Renfe activa o que chamou Plan Galicia. Novos trens, novos horarios e máis prazas: Novo tren matinal Vigo-A Coruña e novo servizo de regreso desde a cidade herculina.  

Hai máis novidades. O tren madrugador Vigo-Madrid abre as súas prazas para vir a Santiago. E os viaxeiros do interior terán tres novas conexións semanais Ourense-Santiago-A Coruña. 

Detrás deste cambio, a despregadura dos modernos trens Avril. As prazas aumentarán case un 25 por cento no Eixo Atlántico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade