Incidencias nas vías complican a circulación dos trens desde Santiago a Ourense e a Vigo
Un problema na electrificación impide a circulación entre Pontevedra e Vilagarcía
Os trens entre Ourense e Santiago circulan con atrasos por unha incidencia na sinalización debido ás "condicións meteorolóxicas adversas"
A circulación de trens está interrompida desde aproximadamente as 14:00 horas deste martes entre Santiago e Pontevedra-Vigo, en ambos sentidos, debido a unha incidenca na electrificación entre Vilagarcía de Arousa e Pontevedra, informa o Adif.
⚠️ Se encuentra interrumpida la circulación entre Pontevedra y Vilagarcía de Arousa por una incidencia en la electrificación. Afecta a los trenes que circulan entre Santiago de Compostela y Pontevedra-Vigo. 👨🔧 Personal de Adif está trabajando para solucionar la incidencia a la mayor brevedad.
— INFOAdif (@InfoAdif) October 6, 2026
Ademais, os trens que circulan entre Ourense e Santiago, en ambos sentidos, están a sufrir atrasos na mañá deste martes a causa dunha incidencia que afecta a sinalización, informa o Adif.
Segundo o administrador da infraestrutura ferroviaria, a avaría está causada por "condicións meteorolóxicas adversas".
⛈️Por una incidencia que afecta a la señalización, provocada por condiciones meteorológicas adversas, los trenes que circulan por la línea de altas prestaciones que une Santiago de Compostela-Daniel Castelao y Ourense están registrando retrasos. 👨🔧Personal de Adif está trabajando para solucionarla a la mayor brevedad posible.
— INFOAdif (@InfoAdif) October 6, 2026