Infrestruturas galegas, no limbo electoral
Ata unha ducia de infraestruturas clave poden verse afectadas pola convocatoria das eleccións
Autovía coma a de Santiago-Lugo segue sen data de remate definitivo e a Intermodal de Lugo descoñécese cando abrirá as súas portas
Pasou 2025 e está a piques de rematar o 2026 e a autovía Santiago-Lugo segue sen completarse. E todo fai pensar que o último treito, entre Melide e Arzúa non abrirá ao tráfico antes da cita electoral.
Pero a A-54 é só a punta do iceberg. É unha da ducia de infraestruturas clave que quedan completamente no limbo en Galicia tras a disolución das Cortes.
O adianto electoral conxela proxectos históricos como a autovía de Valdeorras (A-76) ou a demandada alternativa á perigosa autovía Vigo-O Porriño (A-55).
E o bloqueo non só afecta ás estradas. En materia ferroviaria, a convocatoria introduce serias dúbidas sobre a estación intermodal de Lugo: unha obra entregada pero sen data aínda para a inauguración oficial. Sobre a da Coruña, a Xunta non se atreve coa data de posta en servizo.
Correrán a mesma sorte e terán que agardar por tempos mellores infraestruturas estratéxicas como a variante de Cerdedo ou a modernización das conexións ferroviarias de toda a provincia de Lugo.