Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta intervén en oito estradas da Costa da Morte

A Xunta intervén en oito estradas da Costa da Morte

As obras realízanse en 65 quilómetros de vías con cortes puntais

G24.gal 15/09/2026 14:26

A AC-429 ou a AC-500 son nomes que moitos relacionan co camiño á casa ou ao traballo. Treitos moi usados na provincia da Coruña, con desgaste acumulado tras o último inverno, tal e como destaca o xefe de servizo da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña quen di que "os temporais, a auga, deterioran máis a estrada que se fose un inverno máis seco e con menos precipitacións. Por iso as estradas están máis danadas e é tan necesario facer esta actuación de conservación no prazo máis breve posible".

Os traballos prolongaranse durante seis meses para que poidan estar a punto para o inverno mellorando a seguridade nas estradas.

A Conselleira de Vivenda, Planificación e Infraestruturas destaca que non se trata dunha actuación aillada, xa que hai 12 proxectos semellantes repartidos por toda a comunidade. Na provincia da Coruña, son catro. E na Costa da Morte un total de oito as estradas autonómicas que se van mellorar. 

Nas outras tres provincias galegas tamén están en marcha un total de oito proxectos para reforzar 41 estradas ao seu paso por 38 concellos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade