A Ponte do Milenio fai 25 anos convertida nun emblema de Ourense
A ponte tece a cidade de Ourense sobre o Miño, con espazo de lecer e miradoiro
"A inauguración da Ponte do Milenio converteuse nun acto popular e multitudinario...".
Contabámosllelo así na Galega, o 1 de setembro de 2001. Tras dous anos e medio de obras, entraba en servizo a quinta ponte sobre o río Miño.
"O que máis me gusta é que o ourensán se sinta orgulloso dunha cidade que daquela creceu, mudou...", explica Manuel Cabezas, o daquela o alcalde de Ourense.
Foi un símbolo do cambio de século e un reto desde o punto de vista técnico.
Álvaro Varela, arquitecto da Ponte do Milenio: "Xerar unha ponte innovadora, contemporánea e que seguira tecendo as marxes do río".
Con 275 metros de longo e 23 de ancho, esta ponte canalizaba o tráfico tras a peonalización da ponte vella, pero pretendía ser tamén un espazo de lecer, coa súa pasarela peonil que actúa como miradoiro sobre o río Miño.
Moitos dos que hoxe a empregan, non naceran aínda cando entrou en funcionamento. Para outros, foi un cambio na fisionomía da cidade.
Un símbolo dunha época, integrada na vida cotiá dos ourensáns e punto tamén de atracción turística.