Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha avaría provoca importantes atrasos na circulación ferroviaria entre Ourense e Santiago

Unha avaría provoca importantes atrasos na circulación ferroviaria entre Ourense e Santiago

Os trens de Alta Velocidade, longa e media distancia estiveron detidos nas estacións

G24.gal 31/08/2026 17:05 Última actualización 31/08/2026 22:46

A avaría dun tren rexional que circulaba con destino a Ponferrada obrigou a interromper este l

luns a circulación de convois entre Santiago de Compostela e Ourense durante algo menos dunha hora.

Segundo informou Adif, a avaría produciuse entre a Bifurcación Coto da Torre e Ourense e tivo lugar minutos antes das 17,00 horas.

Pola súa parte, fontes de Renfe explicaron que se tratou dunha «incidencia puntual» nun tren que quedou detido, impedindo a circulación doutros pola vía.

A avaría xa foi solucionada e a circulación quedou restablecida sobre as 17,45 horas.

O incidente provocou importantes atrasos durante a tarde e condicionou os desprazamentos de moitos viaxeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade