Publicador de contidos

Publicador de contidos

A operación retorno das vacacións enche de viaxeiros as estacións de tren e os aeroportos

A operación retorno das vacacións enche de viaxeiros as estacións de tren e os aeroportos

O aeroporto de Santiago ten uns 130 voos programados para este sábado entre saídas e chegadas

A DXT activou a operación retorno en que se estima que se van producir 545.000 deprazamentos nas estradas galegas ata a medianoite do luns

G24.gal 29/08/2026 15:50 Última actualización 29/08/2026 16:17

Setembro está á volta da esquina o que implica que moitos rematan estes días as vacacións de verán. Unha volta á rutina que se traduce nun importante incremento de viaxieros nas estacións de tren e tamén nos aeroportos.

"Toca volver á rutina, pero moi contentos polo camiño que fixemos, un pouquiño cansos, que é normal e tamén desexando chegar á casa. Chegar hoxe sábado para lavar roupa, preparar comida... e o luns xa empezar."

"Si, rematamos, o 1 de setembro empezamos xa a traballar."

"Xa acabei as vacacións e agora a traballar."

"Acabouse o bo, toca volver á rutina e ao traballo novamente. Imos para Lanzarote que vivimos alá todo o ano e acabouse xa o mes de agosto."

E fronte aos que volve á casa están os que prefiren coller vacacións en setembro, porque os prezos das viaxes son algo máis baratos e os destinos adoitan estar menos masificados. Son arredor dun 20% os que marchan estes días.

"Estamos xubilados, entón aproveitamos setembro que está todo mais tranquilo."

"Marchamos de vacacións para Lanzarote unha semana."

"Marchamos a Xerez a comezar as nosas vacacións. Unha semaniña por Andalucía para recargar pilas e voltar con novos aires."

Un movemento de viaxeiros que tamén se está a sentir nas estradas galegas, en que están previstos preto de 550.000 desprazamentos nesta operación retorno.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade