A Policía de Nova York abate a tiros a muller que apuñalou dúas persoas en Times Square
As vítimas son unha muller de 32, que faleceu no hospital, e un home de 68, que permanece estable
Segundo a policía, a presunta agresora, de 49 anos, tiña problemas de problemas de saúde mental
REUTERS/Brendan McDermid
Aconteceu preto da rúa 42 e a Sétima Avenida, unha zona habitualmente concorrida de turista. Unha muller de 49 anos, identificada como Patricia Cisneros, atacou dúas persoas con dous coitelos que levaba ocultos nunha bolsa de supermercado e en cuestión de segundos apuñalou un home de 68 anos e unha muller de 32. O home permanece ingresado nun centro hospitalario; a muller faleceu pouco despois como consecuencia das feridas.
Segundo os axentes, a autora do dobre apuñalamento foi abatida a tiros despois de que varios axentes a rodearan e tentaran que soltase as armas sen éxito.
"Non vou soltar nada, preferíría matalos aos dous. Matareinos!", díxolles a agresora aos policías. Os axentes tentaron inmobilizada cunhas pistolas de descarga eléctrica que "resultaron non ser efectivas" e despois disparáronlle coas súas armas regulamentarias cando esta avanzou cara a eles.
"Non temos razóns para crer que isto fose un acto de terrorismo", aclarou a policía.
O alcalde expresou a súa solidariedade coas familias das vítimas, que non foron identificadas e agradeceu a rápida intervención da Policía para evitar que "un ataque aínda peor".
A policía tiña rexistros de "incidentes" de saúde mental da agresora en 2018 e 2019, pero non constaba con ningún arresto.