Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres mulleres acoiteladas en París por un individuo detido por un policía fóra de servizo

Tres mulleres acoiteladas en París por un individuo detido por un policía fóra de servizo

A vida das vítimas, de 14, 24 e 36 anos, non corre perigo segundo o ministro francés do Interior 

As autoridades piden prudencia á hora de falar das posibles motivacións do apuñalamento e avanzan que as primeiras explicacións do arrestado eran "incoherentes"

Rúa de París onde foron os acoitelamentos. REUTERS/Abdul Saboor. Rúa de París onde foron os acoitelamentos. REUTERS/Abdul Saboor.
G24.gal 27/07/2026 15:15

Tres mulleres foron apuñaladas este luns en París por un individuo detido rapidamente despois por un policía fóra de servizo. O arrestado está sendo investigado para determinar o móbil da agresión.

O ministro francés do Interior, Laurent Núñez, explicou en conferencia de prensa que non corre perigo a vida de ningunha destas tres mulleres, de 19, 24 e 36 anos, aínda que dous delas están en situación de "urxencia absoluta".

Núñez, que comparecía ao termo do Consello de Ministros, precisou que o arresto do sospeitoso se produciu cara á 11.30 hora local (9:30 GMT) arredor da Porta de Clichy, no distrito XVII, ao nordés da cidade.

O agresor empregou 2 coitelos de cocina 

O ataque produciuse con dous coitelos de cociña e as dúas mulleres que se atopan máis graves foron alcanzadas unha nas costas e a outra no abdome.

O ministro, que rendeu homenaxe ao axente que conseguiu reducir ao presunto autor dos feitos, dixo que o individuo deu unha identidade que se está verificando, xa que non levaba documentos enriba.

Tamén pediu prudencia á hora de avanzar as posibles motivacións da súa acción e avanzou que as súas primeiras explicacións eran "incoherentes".

Núñez insistiu en que serán as autoridades xudiciais as que determinarán o móbil do suceso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade