Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump ofrece 5.000 dólares a cada cidadán se o seu partido gaña as eleccións de metade de mandato

Trump ofrece 5.000 dólares a cada cidadán se o seu partido gaña as eleccións de metade de mandato

O mandatario asegurou que se os republicanos gañan entregará un dividendo a todos os cidadáns, sen entrar en detalles de en que consistirá o programa ou como será feita esta transferencia

REUTERS REUTERS
G24.gal 10/09/2026 08:23

O presidente dos Estados Unidos Donald Trump prometeu este mércores entregar cinco mil dólares a cada adulto estadounidense se o seu partido mantén o control do Congreso tras as eleccións de metade de mandato do próximo tres de novembro.

En declaracións aos seus seguidores durante unha convención nacional do partido Republicano en Dallas, Texas, o mandatario asegurou que se os republicanos gañan entregará un dividendo a todos os cidadáns, sen entrar en detalles de en que consistirá o programa ou como será feita esta transferencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade