Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida por agredir varias persoas na terraza dun bar de Vilagarcía

Detida por agredir varias persoas na terraza dun bar de Vilagarcía

Empredeuna a golpes e mordeduras contra unha parella e contra outro home que quixo auxilialos

A policía tamén recibiu golpes

Todas as vítimas precisaron atención médica

Marcas das dentadas no pescozo dunha das vítimas
G24.gal 08/09/2026 15:37

Unha muller foi detida por agredir os clientes dun bar no Carril e tamén a policía. Ocorreu na terraza do establecemento, e as persoas agredidas precisaron de atención médica. A tranquilidade da praza da Liberdade no Carril viuse alterada cando unha muller agrediu varios clientes do establecemento. No exterior do bar había moito ambiente, ía boa tarde.

Semella que o desencadeante da agresión foi a insistencia da detida en coller en brazos o bebé dunha parella. A partir de ai emprendeuna a golpes e trabadas contra a parellaOutro cliente que estaba dentro do local sentiu barullo fóra e tratou de auxiliar os agredidos. Acabou tamén mordido, aínda se poden ver as marcas das dentadas no pescozo.

Unhas dentadas que tamén levaron os axentes que se desprazaron ao lugar. Custoulles reducir a muller, que foi detida no lugar dos feitos. Todos os agredidos tiveron que ser atendidos das lesións no hospital do Salnés. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade