Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Nacional auxilia unha muller agredida a botellazos polo marido

A Policía Nacional auxilia unha muller agredida a botellazos polo marido

O SUP propón que os seis axentes que interviñeron sexan condecorados

G24.gal 04/09/2026 17:34

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda en Santiago unha muller que foi agredida a botellazos polo seu marido, que lle cortou o pescozo cun coitelo ao crer que estaba morta.

Os feitos producíronse o 29 de xullo. Os axentes recibiron unha alerta. Unha vez na zona, identificaron o edificio e déronlle as indicacións necesarias á muller para que abrise a porta e localizárona gravemente ferida. Ante isto, procederon a evacuala e os profesionais sanitarios trasladárona en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

A muller explicoulles aos axentes que fora agredida polo seu marido con varios botellazos na cabeza. O home, ao crer que estaba morta, cortoulle o pescozo cun coitelo e asegurou: "Agora que te fuches ti, vou eu". Os axentes localizaron dentro da vivenda o agresor, que estaba inconsciente cunha profunda ferida de arma branca no pescozo. Finalmente, o home foi trasladado ao CHUS, onde foi intervido de urxencia.

Por esta "brillante acción", o SUP pide que os axentes reciban a condecoración á altura da intervención. A través dun comunicado, asegura que este tipo de intervencións "dan prestixio e proxectan unha imaxe policial de servizo e seguridade á cidadanía".

Ademais, o sindicato lamenta que durante este ano en Santiago realizáronse "varias intervencións notables" e "ningunha delas" obtivo un recoñecemento "digno do traballo realizado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade