Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un mozo por apuñalar a outro nunha pelexa multitudinaria en Ribeira

Detido un mozo por apuñalar a outro nunha pelexa multitudinaria en Ribeira

O ferido tivo que ser trasladado ao hospital con lesións graves

G24.gal 07/09/2026 15:17

A Policía Nacional detivo un mozo en Ribeira tras apuñalar a outro durante unha pelexa multitudinaria este domingo. O suceso produciuse ao redor das 22:30 horas, no parque García Bayón.

Non se coñecen os motivos polos que comezou a liorta. Pero si as consecuencias. Un dos implicados asestou varios golpes a outro cun obxecto cortante, segundo parece cunha botella rota. O ferido tivo que ser trasladado ao hospital con lesións graves.

O presunto autor dos feitos está detido e xa se instruíron dilixencias. Os veciños mostran a súa preocupación e denuncian que non é a primeira liorta que se produce nas últimas datas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade