Baixan os sinistros mortais en Galicia durante os meses de verán
Entre o 1 de xullo e o 31 de agosto faleceron 17 persoas nas estradas galegas, catro menos que en 2025
As vías interurbanas son os viais con peores datos de falecidos
O do 6 de agosto foi un dos accidentes máis graves deste verán, o acontecido na autovía A-6 entre unha camioneta e un furgón ao seu paso por Lugo con dous falecidos no acto. Entre o 1de xullo e o 31 agosto en Galicia sumáronse 17 falecidos nas estradas, catro menos que en 2025.
Son os datos presentados este luns pola DXT na coñecida como operación de tráfico deste verán. Sorprenden dous datos: sobe o número de peóns atropelados, sobre todo durante a noite; e rómpese a tendencia no referente aos motoristas, segundo o ministro, Fernando Grande-Marlaska.
Por primeira vez e dende 2014, onde se constataba a tendencia ao aumenta á mortalidade dos motoristas, rompeuse.
A última semana de agosto foi unha das máis negras do verán en Galicia. Entre o 23 o 26, é dicir, en apenas tres días, contabilizáronse catro falecidos nas estradas. Un factor de risco é o alcol, presente en máis do 30% dos falecidos.
O grupo parlamentaria socialista preparou unha nova proposición de lei para rebaixar a 0,2 gramos por litro en sangue a taxa de alcol permitida ao volante.
A maior parte dos sinistros mortais en Galicia producíronse en vías interurbanas sendo Lugo e A Coruña as provincias con peores rexistros.