Cargando resultados...
Visítanos hoxe Quintana Martelo co libro 'Miradas do Camiño'
O artista fixo varias veces o Camiño en bicicleta e neste libro recolle sesenta e oito acuarelas de lugares e momentos
O libro deu paso a unha exposición itinerante 'Miradas do Camiño' que agora pode verse na Fundación Círculo de Burgos
G24.gal
03/11/2026 10:16
Fixo o Camiño varias veces. No 2011 por exemplo marchou a Roncesvales coa súa bicicleta e cunha mochila onde levaba unha cámara de fotos, uns cadernos de traballo e as súas acuarelas.
Daquela, di Quintana Martelo que xa lle rebulía na cabeza a idea de facer este libro. Pasaron os anos e desde aquela percorreu 11 veces o Camiño Francés e algúns dos outros camiños tamén. O resultado artístico, este librazo, unha edición de luxo publicada por Teófilo que desde logo é unha fermosa obra de arte.