Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pesadelo a carón do narcopiso das Camelias, en Ourense

Pesadelo a carón do narcopiso das Camelias, en Ourense

Denuncian roubos nos coches, vandalismo e ameazas dos ionquis que van comprar

A vivenda é un almacén de produtos roubados: "mandaron a un mozo ás Camelias a polo ordenador que lle levaran"

G24.gal 07/09/2026 14:44

Grávano indo de coche en coche, a ver que pode pillar. É o día a día nas Camelias, un pesadelo que comezou a comezos do verán.

"A min, en concreto, roubáronme tres veces, dúas no Fiat e unha no Passat. Ábrenche o coche, desmóntancho. Do Fiat leváronme ata a documentación".

"Dá igual onde o aparques, xa sexa na rúa, en garaxes. Entran, rouban, é un senvivir".

Por roubar, rouban o que poden. Calquera cousa que lles sirva para cambiar por unha dose.

"Hai un rapaz que traballa con ordenadores e roubáronllo na Avenida da Habana e segundo llo roubaron xa o mandaron para as Camelias porque é o punto de venda. Eles entran para dentro coas mochilas cargadas e levan móbiles, tablets, co que pillan".

Aos roubos súmanse as leas, os follóns, as ameazas e outros sustos como o do incendio neste colector.

"Pelexan entre eles, rouban o pan dos negocios, pídenche un pitillo, como lle pasou á miña muller, e aínda por riba se poñen farrucos".

A entrada ao narcopiso, unha porta pequena e discreta, é un ir e vir de xente.

"Trae a peor borralla da cidade. Venden heroína e ves as xeringas pola rúa".

Sempre houbo negocio aí pero a situacion empeorou dende a última redada en Covadonga, o supermercado da droga de Ourense.

"Aquí sempre houbo movemento pero agora debe ser o punto que teñen".

"Antes respetaban máis, non roubaban coches e non se metían coa xente pero agora dende que os colleron estes, que viñeron hai dous meses ou asi, van a eito".

A presenza policial é constante. Hoxe mesmo fixeron rolda e mesmo rexistraron a un posible cliente. Suposto efecto disuasorio pero pouco máis poden facer.

"Veñen dar unha volta para que freen pero non os poden coller".

Fronte a estas protestas, érguense outras voces que negan a inseguridade. Non queren que o barrio colla mala fama. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade