Publicador de contidos

Publicador de contidos

Incendio nun narcopiso da Coruña tras a saída dos donos con proteción policial polas protestas dos veciños

Incendio nun narcopiso da Coruña tras a saída dos donos con proteción policial polas protestas dos veciños

O lume orixinouse horas despois de que os veciños apedrearan as fiestras e os propietarios tiveran que saír escoltados pola Policía Nacional

Dende a asociación veciñal da Sagrada Familia rexeitan calquera tipo de violencia e fan un chamamento á tranquilidade

O narcopiso estaba situado no barrio da Sagrada Familia da Coruña
G24.gal 23/08/2026 12:29

Comezou como unha protesta veciñal contra a droga na Coruña e acabou con graves disturbios. Algúns manifestantes apedrearon una vivenda, que parecía ser un punto de venda de droga, e aos seus propietarios. A Policía tivo que escoltalos. Dende a asociación veciñal da Sagrada Familia rexeitan calquera tipo de violencia e fan un chamamento á tranquilidade.

Os residentes comezaron protestando contra un baixo no que, segundo denuncian, levan anos traficando con droga, acabou con incidentes violentos, co lanzamento de pedras e valados de obra contra as ventás do inmoble. Os dous irmáns propietarios do baixo, tiveron que fuxir baixo protección policial. Desde a asociación veciñal do barrio coruñes da Sagrada Familia, rexeitan estes actos de violencia.

Juan José Rodríguez, presidente da Asociación veciñal e de comerciantes da Sagrada Familia explica que a veciñanza leva case catro anos denunciando a venda de droga nese baixo e os problema de inseguridade que provoca no barrio.

Desde a asociacion veciñal fan un chamamento á calma. Din que están dispostos a retomar a vía xudicial, despois de que un xulgado desestimara o ano pasado a denuncia presentada contra o suposto narcopiso por falta de probas.

Horas despois de que finalizara a protesta, declarouse un incendio no baixo, o que obrigou a intervir os bombeiros para sufocalo. Tras a intervencion, A Policia Nacional tapiou as portas e as e ventás do baixo, que foi precintado debido ao estado de insalubridade.

O suposto narcopiso precintado pola Policía Nacional O suposto narcopiso precintado pola Policía Nacional
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade