Volven os evacuados de Huesca e Cáceres, mentres preocupa Castelló
O incendio de Segorbe xa queimou 133 hectáreas e mantén activos polo menos tres fontes de difícil orografía
As últimas horas deixaron unha mellora na situación de varios incendios forestais na península. Todos os evacuados de Las Peñas de Riglo (Huesca) e Pinofranqueado (Cáceres) poderán volver aos seus fogares, mentres o incendio de Segorbe (Castelló) continúa activo e lonxe de esar controlado.
Segorbe, o foco que máis preocupa
O incendio declarado este xoves e Segorbe queimou xa unhas 133 hectáreas e presenta polo menos tres fontes en zonas de difícil orografía. A Generalitat Valenciana solicitou o apoio da UME e activou a situación operativa 2.
Durante a mañá incorporáronse medios aéreos aso traballos. En total, participan 30 medios terrestres e 17 aéreos, aínda que non se descarta ampliar o dispositivo.
Todos os evacuados de Huesca xa poden regresar
En Las Peñas de Riglos (Huesca), os últimos veciños que permanecían desaloxados, os de Santa Cruz de la Serós, poderán regresar aos seus fogares. O incendio que queimou entre 14.000 e 15.000 hectáereas, podería quedar controlado este venres ou sábado, aínda que a súa extinción definitiva poderís prolongarse unha semana.
Mellora a situación en Cáceres
En Pinofranqueado, nas Hurdes, todos os evacuados xa regresaron ás súas casas tras varios días de traballos. O novo perimetraxe situou a superficie afectada en 4.250 hectáreas, unhas 500 menos que a estimulación anterior.
Outros incendios
En Bugohono (Ávila), a Xunta reduciu a súa estimación da superficie queimada a 37.800 hectáreas. O incendio controlado o 15 de agosto, aínda non foi extinguido.
En Aldea del Fresno (Madrid), o lume mantense estabilizado tras queimar unhas 330 hectáreas, mentres que o incendio de Niebla (Huelva) continúa controlado tras afectar unhas 33.000 hectáreas.
A Aemet prevé para os próximos días temepraturas máis baixas do habitual e choiva abundante, especialmente no oeste peninsular, o que podería mellorar a situación en boa parte do territorio.