Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mellora a situación do incendio de Cáceres, pero a zona de Aldehuela continúa como foco activo

Mellora a situación do incendio de Cáceres, pero a zona de Aldehuela continúa como foco activo

A baixada das temperaturas e o aumento da humidade facilitaron os traballos de extinción durante a noite

G24.gal 20/08/2026 09:49

As condicións meteorolóxicas da pasada noite foron "moi favorables" para a extinción do incendio forestal declarado o pasado martes en Pinofranquedo (Cáceres), segundo explicou o alcalde da localidade, José Luis Azabal. 

A baixada das temperaturas e o aumento da humidade, xunto co traballo dos medios de extinción, permitiron melloras a situación. Na zona Nuñomoral, o lume presenta unha evolución máis faorable que no propio Pinofrnqueado. 

Porén, a principal preocupación mantense na aldea de Aldehuela, unha zoa de difícil acceso e con fortes pendentes. O alcalde confía en que os medios aéreos poidan actuar durante a mañá para controlar est sector. 

A situación podería complicarse pola tarde, cando se esperan refachos de vento variables de arredor de 30 quilómetros por hora, que poderían favoerecer a aparición de focos secundarios.  

En canto ás persoas evacuadas, a residencia de estudantes de Caminomorisco está ao completo, polo que foi necesario hailitar novas prazas en Nuñomoral e Pinofranqueado. Neste último municipio permanecen 15 usuarios procedentes de Aceitunilla e en Nuñomoral hai arredor dunha vintena. 

O alcalde confía en que a evolución continúe sendo favorable e non descarta que os veciños poidan regresar ás súas casas este venres. Azabal destacou ademais que os ánimos na zona melloraron e que os veciños afrontna a xornada con máis tranquilidade. 

Estabilizado o incendio das Peñas de Riglos tras queimar 14.500 hectáreas 

O lume, que chegou a afectar un perímetro de 18.400 hectáreas, mantén alguns puntos quentes baixo vixilancia. 

Un total de 117 de veciños de Centenero, Ena e Botaya poderían regresar aos seus domicilios ao longo deste xoves. Outros 203 permanecen pendentes de realoxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade