Portugal combate catro incendios no norte, un deles moi próximo a Galicia
Máis de 850 bombeiros traballan no lume, nuha xornada con nove distritos en alerta laranxa por calor
RTP
As autoridades portuguesas continúan este luns cos labores de extinción de catro incendios forestais no norte do país, que mobilizan máis de 850 bombeios, nunha xornada que se prevé un aumento das temperaturas.
O incendio que concentra máis medios é o de Torre de Moncorvo, no distrito de Bragança, onde traballan máis de 360 efctivos, 112 vehículos terresres e oito medios aéreos. O lume comezou o sábado na localidade de Cabeça Boa e estendeuse posteriormente cara ao municipio de Carrazda de Ansiaes.
Tamén continúa activo o incendio de Boticas, na zona de Vila Real, fronteiriza con Galicia, aínda que proteccción Civil sinala que entrou en fase de resolución. No operativo participan 258 bombeiros, 85 vehículos e seis medios aéreos.
En Ponte de Lima, no distrito de Viana do Castelo, outros 168 bombeiros, 50 vehñiculos terrestres e tres aéreos traballan para controlar as chamas. O cuarto incendio que preocupa as autoridades localízase en Marco de Canaveses, onde están despregados máis de 60 bombeiros.
A situación complícase polo aumento das temperaturas. O Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera mantén nove distritos en alerta laranxa por calor, mentres o resto do país permanece en aviso amarelo. En varias localidades os termómetros poderán alcanzar os 40 graos, o que eleva tamén o risco de incendios forestais.