Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous mortos e catro feridos nun incendio na illa grega de Salamina

Dous mortos e catro feridos nun incendio na illa grega de Salamina

Os fortes ventos racheados dificultan o labor de extinción na illa, cun terreo de boscosos outeiros que superan os 300 metros de altura

REUTERS REUTERS
G24.gal 17/08/2026 07:47 Última actualización 17/08/2026 09:59

Un incendio declarado este domingo na illa de Salamina en Grecia causou polo menos dous mortos, mentres outro incendio na mesma illa, a escasa distancia de Atenas, tamén se expande con rapidez.

O primeiro lume declarouse sobre as 14.45 deste domingo na zona de Peristeria, na punta meridional da illa, que ten uns 15 quilómetros de diámetro e áchase separada de Atenas apenas por un brazo de mar de poucos centos de metros de ancho.

Quince minutos máis tarde, outro lume expandiuse na zona de Selinia, na parte oriental da illa, a uns oito quilómetros de distancia de Peristeria, informa o diario Kathimerini.

Durante o labor de extinción en Peristeria, os bombeiros atoparon dous corpos sen vida na zona, de uso residencial e forestal mixto, onde se orixinou o lume, acorde a un comunicado dos servizos antiincendio.

Ademais, os bombeiros trasladaron a centros de atención primaria a catro feridos, cuxo estado non reviste gravidade e iniciar a evacuación dos bañistas desta popular zona de praias.Varias embarcacións están dispoñibles para unha posible evacuación dos residentes por mar.

Uns 260 bombeiros traballan nas dúas frontes con medio centenar de vehículos, asistidos por dez avións e oito helicópteros.

Os fortes ventos racheados dificultan o labor de extinción na illa, cun terreo de boscosos outeiros que superan os 300 metros de altura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade