Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlado un incendio nas inmediacións da praia de Menduíña, en Cangas

Controlado un incendio nas inmediacións da praia de Menduíña, en Cangas

Afecta unha superficie de 0,75 hectáreas

(Cedida/Europa Press) (Cedida/Europa Press)
G24.gal 29/09/2026 17:08

Os servizos de emerxencia deron por controlado un incendio forestal rexistrado na tarde deste martes nas inmediacións da praia de Menduíña, na parroquia de Aldán, en Cangas (Pontevedra).

Segundo fontes da Consellería do Medio Rural consultadas por Europa Press, foi minutos despois das 13:45 horas cando se tivo constancia deste lume, sendo controlado case dúas horas máis tarde.

O incendio afecta preto de 0,75 hectáreas e nel traballan catro axentes, sete brigadas e tres motobombas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos