Cargando resultados...
A Fiscalía de Menores investiga unha agresión a unha nena no Burgo, en Culleredo
As imaxes da agresión, que circulan polas redes, amosan a malleira que outra menor lle dá a unha nena de 14 anos diante dun grupo de persoas
G24.gal
17/08/2026 12:51
A Fiscalía de Menores investiga unha agresión a unha nena ocorrida no Burgo, en Culleredo. Segundo transcedeu, os feitos ocorreron hai tres meses, e agora as imaxes están a circular polas redes.
Trátase dunha malleira que unha menor lle dá a outra de 14 anos, diante dun grupo que grava o ocorrido sen impedir a agresión.
A Garda Civil practicou as dilixencias por este caso, que remitiu á Fiscalía de Menores.
A familia da vítima quere que a difusión das imaxes sirva para denunciar este tipo de condutas.