Veciños de Ons mobilízanse en defensa da súa festa
Parques Nacionais pretendía prohibir a verbena de san Xoaquín este sábado
Os veciños de Ons están en pé de guerra porque a dirección do Parque Nacional acáballes de prohibir facer a festa de san Xoaquín a vindeira fin de semana, unha celebracción que culminaba cunha verbena que remataba ás tres da mañá.
Onte fixeron unha mobilización informativa no peirao das illas e non desbotan máis accións de aquí ao sábado, día en que debería ser a festa.
Con pancartas recibían este domingo os veciños de Ons os dos visitantes dos primeiros barcos de pasaxe que se achegaban á illa. Foi o xeito de protestar e difundir que Parques Nacionais non lles permite celebrar a festa de san Xoaquín, unha festividade que xa celebraban os seus avós e bisavós que residían nas illas.
Avisáronos o venres pasado. Consideran que desde a creación do parque están perdendo dereitos a cotío.
A causa que alega a dirección do parque é que verbena vai xerar un problema de son e que está prohibido polo Plan Reitor de Uso e Xestión.
Moitos destes veciños consideran que se están a tomar medidas para fartalos e que vaian abandonando as illas e non desbotan novas mobilizacións. Desde Parques Nacionais apuntan a que pode haber unha solución e que a decisión non foi un capricho.