Cargando resultados...
Os traballos arqueolóxicos na illa de Ons constatan unha ampla presenza castrexa e romana
Investigadores da Universidade de Vigo buscaron novos indicios de poboación castrexa e romana
G24.gal
01/06/2026 15:03
Rematan na illa de Ons os traballos arqueolóxicos na busca de novas pegadas de ocupación romana e castrexa. Os investigadores da Universidade de Vigo centráronse desta volta na terraza intermedia do castro do Castelo de Mouros, atopado en 2021, e o espazo localizado fóra da muralla.
Confirmaron desta volta que a presenza castrexa e romana é moito máis ampla. Na parte castrexa estaban organizados en socalcos, e seguen investigando se a romana aínda medra máis cara ao mar.