Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volotea pon á venda os billetes para cinco novos destinos desde A Coruña

Volotea pon á venda os billetes para cinco novos destinos desde A Coruña

A partir do 6 de novembro comezarán os voos a Bilbao, Málaga, Valencia, Sevilla e Alacante 

Europa Press-Arquivo Europa Press-Arquivo
G24.gal 09/09/2026 18:45

Volotea puxo á venda os billetes para novos cinco destinos desde o aeroporto de Alvedro, na Coruña, que son Bilbao, Málaga, Valencia, Sevilla e Alacante.

Cada destino contará con dúas frecuencias semanais durante a tempada de inverno, cun aumento de frecuencias nas rutas de Málaga, Sevilla e Valencia durante o verán, segundo detallou a aeroliña.

As conexións a Bilbao, Málaga e Valencia empezarán a funcionar o 6 de novembro os luns e venres, mentres que Sevilla, que operará os martes e sábados, recuperarase o 7 de novembro.

A enlace con Alacante, con frecuencias os mércores e domingos, chegará a Alvedro a partir do 2 de decembro.

"Alégranos volver á Coruña con estas cinco novas rutas e impulsar a conectividade da rexión. Galicia é un mercado estratéxico para a compañía, onde queremos seguir ampliando a nosa oferta de rutas para os nosos clientes. Confiamos en que estes destinos teñan unha excelente acollida", sinalou o director xeral de Estratexia de Volotea, Gabriel Schmilovich. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade