Publicador de contidos

Publicador de contidos

A néboa no aeroporto de Alvedro obriga a desviar tres voos e a cancelar outro

A néboa no aeroporto de Alvedro obriga a desviar tres voos e a cancelar outro

Dous voos tiveron que ser desviados a Vigo e un terceiro tivo que regresar a súa orixe en Madrid

G24.gal 02/09/2026 10:49

Dous avións tiveron que ser desviados desde o aeroporto da Coruña ao de Vigo debido, segundo Aena, a "causas meteorolóxicas", isto despois de que na zona se rexistrase unha espesa néboa.

En concreto, desviáronse a Vigo un voo de Vueling procedente de Barcelona (7:40 horas) e un voo de Iberia procedente de Madrid (8:40 horas), ambos con destino A Coruña.

Un voo de Air Europa procedente de Madrid e con destino A Coruña (7:50 horas) regresou á orixe. O voo que realizaba despois este avión (A Coruña-Madrid) foi cancelado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade