Publicador de contidos

Publicador de contidos

Norwegian conectará Santiago de Compostela con Copenhague o próximo verán

Norwegian conectará Santiago de Compostela con Copenhague o próximo verán

Serán dúas saídas semanais, os mércores e os sábados, do 19 de xuño ao 18 de agosto, informa a compañía nórdica nun comunicado

Norwegian informa tamén de que no programa de ampliación da súa rede de rutas en España figura a conexión Sevilla con Oslo con dúas saídas semanais os mércores e os sábados

G24.gal 21/10/2026 11:59

A aeroliña Norwegian conectará Santiago de Compostela coa capital danesa cunha ruta directa a Copenhague para a tempada de verán 2027. Serán dúas saídas semanais, os mércores e os sábados, do 19 de xuño ao 18 de agosto, informa a compañía nórdica nun comunicado.

Norwegian informa tamén de que no programa de ampliación da súa rede de rutas en España figura a conexión Sevilla con Oslo, con dúas saídas semanais os mércores e os sábados, en dous períodos no verán: do 24 de marzo ao 16 de xuño e do 18 de agosto ao 30 de outubro.

Tamén desde a capital andaluza unha nova ruta conectará con Copenhague con dous voos semanais con saídas os mércores e os sábados, do 24 de marzo ao 16 de xuño e do 18 de agosto ao 30 de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade